Amor pío

Decembro 17th, 2007

O que son as casualidades,.. a serendipity ...

Pareceume unha idea amable intentar facer unha recollida do que é a sensibilidade que nos rodea e que non vemos. Vivimos entre dinosaurios que se aman. Algúns pensan que vemos noutros seres cousas que son só humanas. E discrepo profundamente. O que sucede é xustamente ao revés, nós somos coma outros seres no básico e incluso aqueles aspectos que nos resultan máis dignos non son exclusivos, pero a nosa manía egocéntrica fainos ver as cousas como non son. Nós somos coma eles.

Esta foto atopeina hoxe por casualidade pero ilustra perfectamente o que digo.

Chamando polo compañeiro

Chuzame! chuzame -

Pois hai que “postear” ??

Decembro 17th, 2007

Eu sempre teño unha resistencia natural a utilizar o palabro "postear" para o que a publicación en Internet: foros, wikis, mensaxería instantánea.

Postear é poñer postes, ... e máis nada.

Alternativas?

Comentar/comentario ? non me parece ben porque se confunde a actividade do "editor" coa das visitas

Entrada ? Pode ter certa virtualidade

Hai que pensar máis...

Chuzame! chuzame -

Ola Mundo!

Decembro 17th, 2007

Bemvido a blogaliza.org. A tua primeira anotacion. Podela editar, ou borrar. Faino, e comeza a participar no blogomillo!!

Chuzame! chuzame -