Amor pío
Decembro 17th, 2007
O que son as casualidades,.. a serendipity ...
Pareceume unha idea amable intentar facer unha recollida do que é a sensibilidade que nos rodea e que non vemos. Vivimos entre dinosaurios que se aman. Algúns pensan que vemos noutros seres cousas que son só humanas. E discrepo profundamente. O que sucede é xustamente ao revés, nós somos coma outros seres no básico e incluso aqueles aspectos que nos resultan máis dignos non son exclusivos, pero a nosa manía egocéntrica fainos ver as cousas como non son. Nós somos coma eles.
Esta foto atopeina hoxe por casualidade pero ilustra perfectamente o que digo.
chuzame -
Filed under Sen clasificar |
3 Responses to “Amor pío”
Leave a Reply

Ola , Antón:
Curiosa comparación a que fas, e creo que, sí, unha boa parte da xente mantén ese criterio sobre a ‘humanidade’ de certos xestos ou actitudes.
No fondo e na forma todo este tipo de seres dos que falas somos animais. No millor sentido da palabra.
E aparte disto o home resulta que dis que temos intelixencia, ainda que menos memoria que os chimpancés. ¿Será niso no que estriba a diferencia? Os animáis matan para comer, nun ámbito de pura supervivencia. A lei da selva. É os homes, ¿por qué someten, explotan, ou matan?
Saúdos.
Pablo
A fotografía fala por si mesma…
Ola, Antón:
Eu creo que somos iguais ata un certo punto. Somos animais, evidentemente. Pero o home, non sei se gracias ou a pesar da sua intelixencia, é capaz de facer cousas que un animal nunca faría. E non me refiro ao que habitualmente se consideran rasgos de humanidade, senon precisamente á mezquindez, ás ansias de poder porque sí, ao asasinato ou calquera forma de violencia, á represión, etc. ¿Hai animáis non humáns que fagan este tipo de cousas? En realidade cando falamos de ‘humanidade’, como concepto positivo, deberíamos decir ‘animalidade’, que probablemente é un concepto menos degradado. A enerxía e violencia que rodea ao mundo animal non ten nada que ver coa que se desenvolve no mundo dos homes. Os animais empregan a forza só para sobrevivir. O egocentrismo do home, do que falas, fai que todo se vexa ao revés.
A ver se desta vez consigo que o teu blog me acepte o comentario.
Benvido ao mundo blogal.
Pablo